Investigadores de Psicoloxía buscan a colaboración de persoas coidadoras de familiares dependentes de Galicia

Investigadores de Psicoloxía buscan a colaboración de persoas coidadoras de familiares dependentes de Galicia
Investigadores de Psicoloxía buscan a colaboración de persoas coidadoras de familiares dependentes de Galicia

A finalidade do proxecto é previr a depresión cun programa psicolóxico administrado a través dunha aplicación para smartphones

O grupo de investigación en Saúde Mental e Psicopatoloxía da USC (GRISAMP), coordinado polo profesor Fernando L. Vázquez, está a desenvolver unha intervención de carácter gratuíto dirixida a persoas coidadoras de familiares dependentes de Galicia. A finalidade do proxecto é previr a depresión cun programa psicolóxico administrado a través dunha aplicación para smartphones.

As persoas interesadas en participar poden poñerse en contacto cos investigadores a través do teléfono 673.528.166 ou do correo electrónico prevenciondepresion.app@gmail.com, onde o grupo da Facultade de Psicoloxía responderá a todas as posibles cuestións e achegará todas as indicacións necesarias para acceder á aplicación.

O proxecto, titulado ‘Un ensaio clínico controlado aleatorizado sobre a eficacia dunha intervención cognitivo-condutual por App para Smartphones para coidadores con síntomas depresivos’, está financiado na Convocatoria de Proxectos de Excelencia da Axencia Estatal de Investigación española.

Comentarios
Lo más