Nava Castro e Rafael Sánchez asisten á presentación da novela Xacobea "La peregrina"

Nava Castro e Rafael Sánchez asisten á presentación da novela Xacobea "La peregrina"
Nava Castro e Rafael Sánchez asisten á presentación da novela Xacobea "La peregrina"

A partir dun labor de documentación, a autora novela a historia en forma de diario dunha muller e afonda ademais na orixe de certas tradicións especialmente arraigadas na nosa cultura

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu onte en Santiago de Compostela á presentación da novela La peregrina, da xornalista Isabel San Sebastián, a cargo do director-xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez . Trátase dun libro no que se narra a historia da peregrinación que realizou Alfonso II no século IX desde Oviedo, fito que sentou as bases do actual Camiño Primitivo.

A partir dun labor de documentación, a autora novela a historia en forma de diario dunha muller e afonda ademais na orixe de certas tradicións especialmente arraigadas na nosa cultura. La Peregrina súmase ás numerosas obras literarias que nos últimos anos tomaron como inspiración o Camiño de Santiago, como El peregrino, de Paulo Coelho, ou outros best sellers que contribuíron a popularizar a ruta xacobea en lugares como Alemaña ou Corea do Sur, con obras que foron líderes en ventas como Bueno, me largo, do alemán Hape Kerkeling, ou A viaxe dunha muller soa, da coreana Kim Nam Hee, entre outras moitas.

Comentarios
Lo más