Aula de maiores na bliblioteca pública Ánxel Casal

Aula de maiores na bliblioteca pública Ánxel Casal
Aula de maiores na bliblioteca pública Ánxel Casal

"Aula de maiores" comenzará a súa andaina o 9 e o 10 de outubro e seguirá o calendario escolar ata finalizar o próximo mes de xuño

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal reanuda “Aula de maiores”, actividade dirixida ás persoas maiores de 55 anos que queren lembrar o que aprenderon hai tempo. Facer operacións matemáticas sinxelas, practicar a lectura e a escritura ou facer xogos didácticos de xeografía son algúns dos conceptos básicos que se ensinan nesta aula. A actividade estará a cargo de Margarita Castro Rey e Amador Seoane Pardo, voluntarios do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Para o desenvolvemento desta actividade a Biblioteca contará coas mesmas persoas que integraban os grupos da edición anterior e oferta as prazas da Aula de maiores dos mércores, adicada ao repaso das Matemáticas, que aínda están sen cubrir. Recomendamos aos usuarios e usuarias interesadas na Aulas de maiores dos martes que se anoten na lista de agarda xa que se poden producir baixas entre os integrantes actuais, como así sucedeu en anos anteriores. O número máximo de participantes é de dez en cada Aula e precísase ter o carné de biblioteca.

"Aula de maiores" comenzará a súa andaina o 9 e o 10 de outubro e seguirá o calendario escolar ata finalizar o próximo mes de xuño. A actividade desenvolverase os martes e mércores de 10:30 a 12:30h e as sesións terán lugar nas salas de traballo en grupo do 3o andar. O período de inscrición abrirase o 18 de setembro ás 8:30 horas e prolongarase ata o remate da actividade. Os interesados poderán obter máis información e anotarse chamando ao 881 999 401 ou acudindo directamente ao mostrador da planta baixa. Así mesmo, poden consultar a páxina web da Biblioteca e o Facebook.

A biblioteca porá a disposición dos integrantes da actividade materiais acordes co programa que se vai impartir: libros, DVD ́s así como ordenadores portátiles. Todos os participantes na "Aula de maiores" deberán traer un teléfono móbil para conectarse á rede WI-FI. 

Margarita Castro Rey colabora tamén en actividades de voluntariado con outras entidades (Cruz Vermella, Cáritas, Vagalume...) impartindo obradoiros de memoria e clases de alfabetización e español.

Comentarios
Lo más