O Concello de Rianxo presenta a oferta deportiva para a tempada de Inverno 2018/19

O Concello de Rianxo presenta a oferta deportiva para a tempada de Inverno 2018/19
O Concello de Rianxo presenta a oferta deportiva para a tempada de Inverno 2018/19

A oferta dirixida e nenos e nenas abrangue 16 modalidades deportivas ás que se pode acceder nos pavillóns municipais, na piscina municipal e a través das escolas de formación dos clubs rianxeiros

O Concello de Rianxo presenta a oferta deportiva para a tempada de Inverno 2018/19, incluíndo as organizadas de xeito direto polo Servizo de Deportes, as escolas de formación dos clubs cos que colabora o Concello e as propostas da Piscina Municipal.

Como xa é habitual nas políticas deportivas do Concello, destacar que se trata dunha oferta ampla, dirixida a tódolos sectores de poboación, e que ten un carácter descentralizado, con propostas en todas as parroquias rianxeiras, co obxecto de achegar o deporte a todos/as, en especial a aqueles que mais dificultades teñen de mobilidade (neno/as e 3ª idade).

A oferta dirixida e nenos e nenas abrangue 16 modalidades deportivas ás que se pode acceder nos pavillóns municipais (3 actividades de iniciación deportiva e 5 escolas deportivas), na piscina municipal (2 actividades en auga e 2 en seco) e a través das escolas de formación dos clubs rianxeiros (8 modalidades: piragüismo, remo, fútbol, baloncesto, xadrez, voleibol, rugby e artes marciais e de combate).

En canto ás actividades adultos e 3ª Idade, poderán escoller entre 20 actividades distintas, que van desde o Multifitness e o Tenis nos pavillóns municipais a unha ampla oferta de actividades acuáticas (aqua Step, aquatónic, matronatacion, Tríatlon...) e dirixidas (Heroican, Cross, pilates...) na piscina municipal.

Asemade, mantéñense os grupos de Ximnasia para a 3ª Idade en todas as parroquias do concello. O prazo de inscrición ábrese o mércores 19 de setembro e as actividades darán comezo o 1 de outubro.

Comentarios
Lo más