Arde un camión de alimentación en Sobrado do Picato

Arde un camión de alimentación en Sobrado do Picato
Arde un camión de alimentación en Sobrado do Picato

Do incendio púidose salvar a cabina do camión debido a que o condutor tivo tempo para separar a cabeza do remolque

O 112 Galicia tivo coñecemento esta madrugada dun camión ao que lle prendeu lume a carga cando circulaba pola A-6 en sentido Madrid. 

Sucedeu ás 4:30 horas de hoxe en Sobrado do Picato e o condutor resultou ileso. Iso si, a carga do vehículo, fundamentalmente alimentación, resultou calcinada por razóns que aínda se descoñecen.

Do incendio púidose salvar a cabina do camión debido a que o condutor tivo tempo para separar a cabeza do remolque.

Comentarios