Ferida unha persoa tras cortarse cunha serra en Coristanco

Ferida unha persoa tras cortarse cunha serra en Coristanco
Foto de archivo
Ferida unha persoa tras cortarse cunha serra en Coristanco

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o operario foi evacuado na aeronave a un centro hospitalario

O 112 Galicia tivo constancia esta tarde dun accidente laboral que ocorreu en Coristanco ao fío das 17:45 horas. 

Foi unha persoa particular quen alertaba ao 112 Galicia dun traballador cun corte que precisaba asistencia médica, na fábrica de Unemsa.

A partir de aí, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou un helicóptero medicalizado ata a zona.

Ademais, dende o 112 Galicia se informou do sucedido á Garda Civil, á Policía Local, a Protección Civil e ao GES de Ponteceso.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o operario foi evacuado na aeronave a un centro hospitalario.

Comentarios