Denuncian o mal estado do aparcadoiro de Belvís

Denuncian o mal estado do aparcadoiro de Belvís
Denuncian o mal estado do aparcadoiro de Belvís

Dende a formación galeguista piden unha actuación urxente para arranxar o firme do aparcadoiro

Dende a agrupación local de Compromiso denuncian o mal estado no que se atopa o aparcadoiro de Belvís. Con 122 prazas, é a zona de referencia do casco histórico usado a diario por centos de usuarios tanto da veciñanza da cidade como dos turistas.

Dende a formación galeguista piden unha actuación urxente para arranxar o firme do aparcadoiro, que se atopa totalmente levantado e con fendas por culpa das raíces das árbores.

De igual xeito, tamén propoñen unha mellor redistribución das prazas, xa que na actualidade e bastante incómodo e dificultoso estacionar nas mesmas.

Comentarios
Lo más