Corte de tráfico na rúa Triacastela pola construcción do ascensor urbano

Corte de tráfico na rúa Triacastela pola construcción do ascensor urbano
Corte de tráfico na rúa Triacastela pola construcción do ascensor urbano

A rúa quedará pechada ao tráfico e unicamente se permitirá o acceso de residentes aos seus garaxes.

O vindeiro venres, 21 de setembro, comezan as obras de mellora da accesibilidade na rúa de Triacastela, cunha duración prevista de seis meses.

Por este motivo, a rúa quedará pechada ao tráfico e unicamente se permitirá o acceso de residentes aos seus garaxes.

Tamén estará prohibido o estacionamento, tanto na rúa como na parcela adxacente. Estas prohibicións de acceso e de estacionamento estarán debidamente sinalizadas na entrada á rúa de Triacastela dende a avenida de Lugo.

Comentarios