Seguridade viaria en Aspas

Seguridade viaria en Aspas

O programa inclúe módulos teóricos e prácticos, neste caso pensados especificamente para as persoas con discapacidade intelectual

As persoas usuarias de Aspas veñen de participar nunha nova xornada de seguridade viaria, impartida pola Policía Local de Santiago. Desta vez, a actividade xirou en torno á mobilidade peonil e ciclista.

O Departamento de Educación Viaria da Policía Local de Santiago vén traballando con diferentes colectivos con necesidades especiais, co obxectivo de favorecer a súa autonomía nos seus desprazamentos. 

O programa inclúe módulos teóricos e prácticos, neste caso pensados especificamente para as persoas con discapacidade intelectual.

Así, a Policía Local traballou coas persoas usuarias de Aspas os conceptos máis importantes relacionados coa seguridade viaria, explicando cales son os comportamentos máis seguros como peóns e como usuarios da bicicleta. 

Despois do traballo teórico, realizouse un percorrido polas proximidades do centro de Aspas para poñer en práctica eses conceptos. 

Comentarios
Lo más