A USC recibe aos seus deportistas de alto nivel

A USC recibe aos seus deportistas de alto nivel

O encontro serviu para trasladarlles o agradecemento da institución universitaria polo seu compromiso coa educación e coa práctica deportivo no plano competitivo

O reitor Antonio López recibiu este xoves 20 a unha representación dos deportistas universitarios que alcanzaron algunha medalla en campionatos federados ou universitarios nacionais e internacionais disputados este ano así como aqueles que cursan estudos na USC e que están considerados como de alto nivel. 

O encontro serviu para trasladarlles o agradecemento da institución universitaria polo seu compromiso coa educación e coa práctica deportivo no plano competitivo.



O reitor felicitounos polos éxitos acadados e destacou o esforzo de compatibilizar os estudos universitarios coa práctica exitosa das distintas deportivas e adiantoulles que a USC tentará de cara ao futuro artellar iniciativas que permitan achegar o apoio “que merecedes”. 

Para lograr este obxectivo, Antonio López avoga por ser capaces de establecer alianzas e colaboracións con outras entidades ou institucións para definir axudas e propostas de mecenado que permitan “facervos a vida máis fácil, simplificando ao máximo a compatibilidade de competición e estudos”. 

Do mesmo xeito, tamén se traballará na definición doutros programas de axuda para “persoas que compaxinan estudos universitarios e a práctica deportiva de alto nivel”.


Na aulas da USC, entre medallistas do pasado ano e deportistas de alto nivel, atópanse preto de medo centro de universitarios e universitarias que compaxinan a faceta académica coa competición deportiva. Entre outras disciplinas representadas atopábanse o piragüismo, a vela, a natación, o taekwondo, a ximnasia, o ciclismo, o atletismo, o xadrez, a loita, o iudo ou o fútbol gaélico, entre outros. 

Xunto co reitor participaron na recepción a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo, e persoal do Servizo de Deportes da USC

Comentarios