Ex parlamentarios galegos conversan cos estudantes de Filosofía

Ex parlamentarios galegos conversan cos estudantes de Filosofía

A decana da Facultade, Nieves Herrero, presentou o acto e fixo de moderadora

Medio cento de estudantes de Filosofía tiveron este xoves a oportunidade de conversar cos ex parlamentarios galegos Xesús Veiga Buxán, Xosé Sánchez Bugallo e Ramón Santos Pérez acerca do cometido do Parlamento e da súa función como instrumento ao servizo da democracia. A decana da Facultade, Nieves Herrero, presentou o acto e fixo de moderadora.


Precisamente a promoción dos valores da democracia, concepto filosófico amplamente estudado no grao, é o obxectivo do programa no que se enmarca esta visita e que, organizado pola propia institución lexislativa, é a primeira vez que se desenvolve na USC.

Comentarios