Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, pide explicacións a Feijóo sobre o reparto de fondos autonómicos e europeos

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, pide explicacións a Feijóo sobre o reparto de fondos autonómicos e europeos
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, pide explicacións a Feijóo sobre o reparto de fondos autonómicos e europeos

O gobernó provincial insta á Xunta a que se aproben os proxectos AFD presentados ao abeiro da convocatoria 2018-2019 pola Deputación de Pontevedra

o da Deputación de Pontevedra trasladou á Xunta de Galicia a desconformidade do executivo provincial ante a actitude do goberno galego co reparto de Fondos Autonómicos e Europeos, “e para solicitar que as decisións sobre este reparto se fagan con criterios obxectivos e non por castigos inxustificables ás administracións que non sexan da mesma cor política que o Partido Popular”.

O voceiro do goberno comunicou que “hoxe mesmo a presidenta Carmela Silva, ten remitido ao Presidente da Xunta unha carta na que esixe ao goberno do PP que aclare se é certo que a Deputación ten sido excluída dos proxectos de emprego, con fondos da Unión Europea e xestionados pola Xunta, que a institución provincial levou a cabo ata agora con moito éxito”.

Font explicou que “neste período 2018-2019, presentamos novos proxectos ante a Xunta para realizar accións formativas para persoas desempregadas (AFD), así como para outros obradoiros, e a dia de hoxe só tivemos coñecemento extra oficial que estas Accións Formativas foron denegadas, obtendo como única xustificación, literal, que “eran ordenes de arriba”, dixo o deputado.

Na misiva, que a Deputación remitiu a Núñez Feijoo, ao Vicepresidente Alfonso Rueda e ao conselleiro Francisco Conde, sinálase que “esperamos que esta información non sexa certa xa que, de ser así, estaríamos ante unha decisión arbitraria sen ningún argumento obxectivo, o que nos obrigaría a denunciar ante os órganos que financian os fondos europeos unha discriminación que non podemos nin debemos consentir”. 

Amais, o goberno provincial mostra a súa desconformidade coa orde do 4 de maio de 2018, polo que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia , na que se exclúen as deputacións como entidades promotoras.

O gobernó provincial insta á Xunta a que se aproben os proxectos AFD presentados ao abeiro da convocatoria 2018-2019 pola Deputación de Pontevedra, unha vez que os resultados das accións desenvoltas en anualidades anteriores teñen sido óptimas. 

Tamén esixe unha inmediata reformulación da Orde pola que se establecerán as bases reguladoras para os Obradoiros Duais de Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia para a inclusión das Deputacións Provinciais como organismos promotores de Obradoiros de Emprego no ano 2019, como garantía de cumprimento dos obxectivos de eses obradoiros. 

E por último o goberno pide que o criterio de número de desempregados establecido nesta mesma orde se estableza proporcionalmente ao ratio poboacional dos municipios para así, fomentar a empregabilidade no medio rural e impedir que se siga estigmatizando aos concellos de menor poboación á hora de executar accións formativas

Carlos Font explicou que “amais, o éxito da xestión destas accións por parte da Deputación é incuestionable. Durante o período 2017-2018 a puxemos en marcha proxectos de emprego con fondos da Unión Europea, xestionados pola Xunta, para a formación de mas de 125 persoas”.

Nos cursos AFD formáronse a mais de 75 persoas en diferentes campos como a atención sociosanitaria, a promoción turística local, a tele-asistencia ou para dotalos das competencias necesarias para a consecución da titulación ESO. Para os mais novos e a través dos programa POEX (Plan Operativo de Emprego Xuvenil), formouse a 30 mozos e mozas en dinamización e dirección de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil. 

A través do obradoiro de emprego DEPOespazos, habilitouse a posibilidade, non so de formar a 20 alumnos en xardineira e carpintería, senón tamén de ofrecer aos concellos, a través dunha liña por concorrencia, a posibilidade de instalar nos seus territorios o material fabricado polo alumnado para o embelecemento de espazos degradados. Finalmente, todo este alumnado AFD e POEX, fixo as súas prácticas becadas en diferentes institucións provinciais sendo a posteriori empregados moitos de eles e elas.

Comentarios
Lo más