Accidente na AG-56

Os ocupantes tiveron que ser atendidos polos servizos de emerxencia e non se teme pola súa vida.Ata o lugar dos feitos tivo que trasladarse unha patrulla da Garda Civil para dar conta do sucedido.

Esta mediodía a AG-56, a autovía con destino Brión, tivo retencións de tráfico xa que houbo un accidente ao seu paso pola localidade de Bertamiráns.

Unha saída de vía no que se viu implicado un vehículo. Os ocupantes tiveron que ser atendidos polos servizos de emerxencia e non se teme pola súa vida.

Ata o lugar dos feitos tivo que trasladarse unha patrulla da Garda Civil para dar conta do sucedido.

Comentarios