Outros 242.000 euros para o mantemento dos pavimentos e as rozas da cidade para este 2018

Outros 242.000 euros para o mantemento dos pavimentos e as rozas da cidade para este 2018
Outros 242.000 euros para o mantemento dos pavimentos e as rozas da cidade para este 2018

Trátase da adxudicación do contrato de conservación, mantemento e reparación de pavimentos na campaña complementaria de 2018

Na Xunta de Goberno de onte se ratificaron as adxudicacións de dous importantes contratos, despois de que se resolveran cadansúa discrepancia por reparo. 

Trátase da adxudicación do contrato de conservación, mantemento e reparación de pavimentos na campaña complementaria de 2018, ao que se destinarán 121.000 euros, IVE incluído; e do contrato de rozas e limpeza de viarios e parcelas municipais, tamén cun orzamento de 121.000 euros.

O alcalde lembrou que se trata de "dous contratos ponte, que garanten as actuacións necesarias ata que se resolva o proceso de adxudicación dos novos contratos de mantemento e rozas, que xa está tamén en marcha". 

Comentarios