A exposición do XI Certame de artesanía Antonio Fraguas xa se pode visitar no Pazo da Peregrina

A exposición do XI Certame de artesanía Antonio Fraguas xa se pode visitar no Pazo da Peregrina

A mostra pódese visitar de luns a domingo, en horario de 17.00 a 20.00 horas

Ata o 1 de outubro a sala de exposicións do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, acolle a Exposición do XI Certame de artesanía Antonio Fraguas. 

A mostra pódese visitar de luns a domingo, en horario de 17.00 a 20.00 horas. Trátase dunha mostra das obras seleccionadas en dito certame de artesanía organizado pola Deputación da Coruña. 

O galardón, que consta de dúas modalidades (artesanía tradicional e contemporánea) ten como fin pór en valor e axudar a difundir a artesanía de Galicia sendo un referente para todos os artesáns e artesás galegos.

A exposición destaca pola gran variedade de disciplinas e modalidades e mestura pezas máis arraigadas con novas creacións, incluso pezas a partir de refugallos. Unha das participantes neste certame foi Ana Rosa Lista, artesá do encaixe e veciña das Punxeiras Altas, Ortoño.

Trátase dunha mostra das obras seleccionadas en dito certame de artesanía organizado pola Deputación da Coruña. O galardón, que consta de dúas modalidades (artesanía tradicional e contemporánea) ten como fin pór en valor e axudar a difundir a artesanía de Galicia sendo un referente para todos os artesáns e artesás galegos.

Unha das participantes neste certame foi Ana Rosa Lista, artesá de encaixe e veciña das Punxeiras Altas, Ortoño. A propia Ana Rosa Lista está no Pazo da Peregrina durante os días que se expón a mostra traballando na creación de novas obras. As persoas que o desexen teñen a oportunidade de probar a súa destreza no manexo dos palillos. 

Entre as producións presentadas, mestúranse traballos típicos e arraigados nos concellos coruñeses con novas creacións e innovacións, nas que se atopan incluso pezas feitas a partir de materiais de refugallo, que amosan que a artesanía segue a evolucionar e ten unha presenza importante no desenvolvemento da arte contemporánea. 

Deste xeito, pódense apreciar traballos de xoiaría, cerámica, cestaría, escultura ou costura. Os gañadores desta edición foron: Pablo Carpintero, coa súa “Reprodución funcional da gaita de fol da Cantiga 350 das Cantigas de Sta. María” (categoría Artesanía Tradicional) e Lidia Nieves Domínguez pola obra “Xoguete” (categoría Artesanía Contemporánea).

Comentarios