La ANPA del IES de Brión rectifica las palabras del conselleiro de Educación

La ANPA del IES de Brión rectifica las palabras del conselleiro de Educación

Ayer, Román Rodríguez, concedió una entrevista en un medio local para hablar sobre la situación del instituto y la defensa que argumentan desde la Xunta para no ceder en posición

Sigue el enfrentamiento entre los padres y madres del IES de Brión con la consellería de Educación. Los padres siguen adelante con las protestas y el encierro para que se cumplan sus peticiones de diez profesores en el centro educativo.

Ayer, Román Rodríguez, concedió una entrevista en un medio local para hablar sobre la situación del instituto y la defensa que argumentan desde la Xunta para no ceder en posición. La asociación de padres y madres quiso aprovechar la situación para publicar una carta en el que aclaran ciertas aspectos de lo dicho por el conselleiro de educación.

Despois de ler atentamente a entrevista que este sábado publicaba un xornal, dende a ANPA do instituto de Brión queremos reflexionar en voz alta sobre algunhas das súas opinións que, canto menos, nos sorprenderon.

Tal vez como somos un instituto do rural, escapásenos algún dos seus razoamentos . Fala vostede de “levantar o foco e ver o conxunto”. É certo, e esa debe ser a súa misión pero, ó igual que para nós, tamén poñer o foco no máis pequeno. Vostede, nas pequenas comunidades, como é este IES, e nós, nos nosos fillos. 

DI que a función das familias no sistema educativo é importante. Por suposto e faltaría máis dicimos nós!. Por iso permitímonos alertalo das eivas que van a aparecer neste centro pola falta de profesorado. Problemas dos que levamos por certo advertindo dende antes do verán e que, como supoñiamos, o seu departamento condénanos a sufrir.

DI tamén que comprende as demandas e logo, supoñemos, que non están tan fóra da racionalidade como para que non se poidan discutir cos que entenden (a dirección do centro) máis aló de escudarse no mantra de “se cumpre e legalidade, logo non tedes máis que dicir e todo está ben”.

DI que a decisión de non ampliar o cadro de profesores é “unha decisión técnica, sen interferencias políticas”. Iso esperamos, queremos supoñer que o seu departamento non toma este tipo de decisións por “motivos” políticos. Nós tampouco estamos movidos por intereses políticos.

DI que o traballo da consellería pasa por escoitar os docentes e darlles as ferramentas que posibiliten que poidan traballar coas máximas garantías. Pois ben, ós docentes deste IES deberon oílos pero non escoitalos, porque lles dixeron en varias ocasións e coas cifras na man, que co número de docentes que enviaban para este curso era imposible manter o que había (xa sabe, “virxenciña que quede como estou…) que é o mínimo que se debería facer de ano en ano.

Fachendea vostede de que Galicia é unha das comunidades que mellor atende á diversidade. Desgraciadamente temos que informarlo de que neste centro, sen a dotación de profesorado que reclamamos, un grupo de PMAR (Programa de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento, xa sabe) vai desaparecer. 

Diga se isto é certo ou non, por favor. E para a próxima, pedímoslle que rectifique a súa euforia. Preguntámonos tamén se clases masificadas (con 30 e 31 alumnos por aula en 4º da ESO) tamén facilita a atención á diversidade.

Di tamén que “robótica” é “unha titulación de futuro que posibilita un sistema de calidade”. Estamos totalmente de acordo: pero iso debe ser para “outros”. Brión ten un IES do rural e para que quere robótica… “queredes ter un centro de élite!” (inspectora dona Carme Ares dixit. Fale con ela). Oito rapaces tiñamos este ano agardando por esa asignatura…

Entendemos que vostede está moi ocupado, senón o convidariamos a que viñese a este centro para explicarlle polo miudo a situación.

Conformariámonos con que alguén coa súa mesma filosofía e apertura de miras nos reciba con ganas de analizar os datos concretos do noso centro e non se agoche trala “lexislación” vixente.

Los problemas siguen adelante y no hay visos de ver una solución en el futuro más cercano.

Comentarios