Carmela Silva quere mellorar os espazos públicos da pronvincia de Pontevedra

Carmela Silva quere mellorar os espazos públicos da pronvincia de Pontevedra
Carmela Silva quere mellorar os espazos públicos da pronvincia de Pontevedra

Carmela Silva apuntou que “o que queremos é que o espazo público teña o ornato e a adecuación necesaria para que a cidadanía poida gozar del”

Carmela Silva, anunciou a apertura do prazo de solicitude para que os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes poidan optar ao Programa de Mellora de Espazos Públicos durante o exercicio 2018. 

Mediante esta actuación, o goberno provincial ten por obxectivo recuperar para o conxunto da cidadanía espazos de lecer para que se poida mellorar o acondicionamento funcional e estético de xardíns, parques e outras áreas públicas dos concellos da provincia.

Carmela Silva apuntou que “o que queremos é que o espazo público teña o ornato e a adecuación necesaria para que a cidadanía poida gozar del”. Así, a través deste programa, a Deputación pretende mellorar a calidade de vida das persoas mediante a recuperación de espazos públicos degradados para convertelos en zonas de convivencia da veciñanza.

Para iso, o goberno provincial destinará mobiliario e outros elementos de ornato elaborados polos distintos servizos da Deputación, como é o caso da Escola de Cantería ou dos módulos formativos de carpintería e cerrallería.

Deste xeito, as actuacións ao abeiro do programa de mellora de espazos públicos consistirán exclusivamente na entrega de material dirixido a xardíns, parques infantís, parques biosaudables, outros espazos verdes ou calquera outro tipo de área de lecer sempre que sexan de titularidade municipal e uso público.

En liñas xerais, as subministracións terán por destino o equipamento novo ou a substitución de elementos existentes deteriorados, quedando excluídos do programa as actuacións de rehabilitación de todo tipo de elementos e a creación de novos espazos públicos.

O ano pasado beneficiáronse desta iniciativa 16 concellos da provincia que puideron mellorar as súas zonas de lecer a través de monumentos, melloras de rotondas e zonas axardinadas ou instalación de bancos e mesas de madeira e granito. 

Este ano, os concellos interesados en obter algún destes elementos ou outros similares deberán presentar a solicitude, de xeito telemático a través da sede electrónica, ata o 20 de novembro.

Comentarios
Lo más