Un ciclista sufre un accidente de certa gravidade en Melide

Un ciclista sufre un accidente de certa gravidade en Melide

Debido á gravidade do accidente, o 061-Urxencias Sanitarias mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago

En Melide, un ciclista resultou ferido ao caer do vehículo no que circulaba na rúa de Roca Salgado, á altura do número 2.

Debido á gravidade do accidente, o 061-Urxencias Sanitarias mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago ata unha zona próxima ao lugar dos feitos.

Foi o 061-Urxencias Sanitarias quen alertou ás 13:20 horas ao 112 Galicia e, nada máis recibir o aviso, dende o 112 Galicia se puxo a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil e dos Bombeiros de Arzúa.

Finalmente, o ciclista foi evacuado na aeronave ata un centro hospitalario.

Comentarios
Lo más