Evacuan un home tras intoxicarse nun incendio da súa vivenda

Evacuan un home tras intoxicarse nun incendio da súa vivenda

O incendio, que tivo lugar no número 1 de Praza América, deixou ademais calcinados a campá extractora e un moble da cociña da vivenda

Un home tivo que ser evacuado esta tarde a un centro hospitalario tras un incendio declarado nunha vivenda en Vigo. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o varón foi trasladado con síntomas de intoxicación por fume.

O incendio, que tivo lugar no número 1 de Praza América, deixou ademais calcinados a campá extractora e un moble da cociña da vivenda.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 14:05 horas, momento en que un particular contactaba co 112 Galicia. Acto seguido, o persoal do 112 Galicia pasaba o aviso aos Bombeiros de Vigo, a Protección Civil, á Policía Local e ao 061-Urxencias Sanitarias.

Comentarios