Tres persoas feridas nun accidente entre dous turismos no concello da Laracha

Tres persoas feridas nun accidente entre dous turismos no concello da Laracha
Tres persoas feridas nun accidente entre dous turismos no concello da Laracha

Persoal do 061 comunicaba ao 112 Galicia que tres persoas resultaran feridas a causa do accidente.

Esta mañá, ás 07:45 horas, os xestores do 112 recibían o aviso dun particular que informaba dun choque entre dous turismos que circulaban pola AC-552, ao redor do punto quilométrico 21, en CaboVilaño, no concello coruñés da Laracha.


Tamén, neses intres, persoal do 061 comunicaba ao 112 Galicia que tres persoas resultaran feridas a causa dun accidente. 

A partir de aí, dende o CIAE pasouse aviso á Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Carballo e aos efectivos de Protección Civil . 


Comentarios
Lo más