COGAMI pon nas cadeiras de rodas aos políticos de Santiago de Compostela

COGAMI pon nas cadeiras de rodas aos políticos de Santiago de Compostela
Foto do acto no 2017
COGAMI pon nas cadeiras de rodas aos políticos de Santiago de Compostela

Baixo o lema `Ponte no meu lugar´, esta xornada pretende concienciar da necesidade de construír e deseñar cidades accesibles

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) participa na Semana Europea da Mobilidade que o Concello de Santiago de Compostela organiza na cidade.

Baixo o lema `Ponte no meu lugar´, esta xornada pretende concienciar da necesidade de construír e deseñar cidades accesibles.

Este ano, COGAMI logra sentar nas cadeiras de rodas a voceiros dos partidos políticos con representación no Parlamento, ademais dos grupos municipais, representación da Valedora do Pobo e Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta.

Ás 12 horas, as persoas participantes concentraranse na entrada principal da estación de ferrocarril de Santiago de Compostela, lugar de inicio do roteiro que chegará ata a porta de entrada do Parlamento de Galicia, onde serán recibidas polo Presidente do Parlamento de Galicia sobre as 12:45 horas.


Entre as persoas confirmadas están:

Carmen Santos do Grupo Parlamentario de En Marea

Ana Belén Pontón do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Xoaquín María Fernández do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Marta Rodríguez do Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pablo Comeselle, adxunto da Valedor do Pobo

Ignacio Maestro, Director Xeral Mobilidade

Jorge Duarte, concelleiro mobilidade Santiago

Concepción Fernández, concelleira asuntos sociais Santiago

Goretti Sanmartín do Grupo Municipal BNG

Gonzalo Muíños do Grupo Municipal PSOE

María Corral do Grupo Municipal PP

Este ano pretenden visibilizar a importancia de que a nova construción sexa universalmente accesible. Por isto, se escolle como exemplo a construción da estación intermodal en Santiago, unha infraestrutura na que conflúe o transporte urbano co transporte de longa distancia. 

Comentarios