Dan comezo as obras de accesibilidade na rúa de Dublín, no barrio de Fontiñas

Dan comezo as obras de accesibilidade na rúa de Dublín, no barrio de Fontiñas
Dan comezo as obras de accesibilidade na rúa de Dublín, no barrio de Fontiñas

Trátase dunha actuación derivada do proceso de Orzamentos Participativos Compostela Decide

Este luns comezaron as obras de mellora de accesibilidade da rúa Dublín, no barrio de Fontiñas. 

Trátase dunha actuación derivada do proceso de Orzamentos Participativos Compostela Decide, á que se van destinar case 60.000 euros.

Según explicou no seu momento o concelleiro Rafael Peña "a configuración da rúa Dublín anima a algúns condutores a desprazarse a altas velocidades, provocando as queixas da veciñanza". O viario ten un ancho de 10 metros, cinco para cada sentido da circulación, e un tramo recto no que se permiten os adiantamentos. Pola contra, hai pouco espazo para os peóns.

A actuación que comezaron onte desenvólvese en dous tramos. No primeiro, próximo á rúa Londres, reducirase o ancho actual dos carrís de circulación, elevaranse os pasos de peóns, e melloraranse o pavimento e as beirarrúas. 

No segundo tramo, próximo á rúa da Costa do Vieiro, daráselle á calzada un trazado máis sinuoso para calmar o tráfico do pavillón deportivo, elevarase o paso de peóns, e melloraranse os pavimentos. 

Ademais, no conxunto da rúa vaise reducir o límite da velocidade permitida a 30 quilómetros/hora e prohibirase o adiantamento. 

As obras, cun prazo de execución de tres meses, non suporán a supresión de prazas de aparcamento 

Comentarios