Colisión múltiple en Marín con varios feridos

Colisión múltiple en Marín con varios feridos
Colisión múltiple en Marín con varios feridos

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 para informar da situación e pedir asistencia médica para os feridos

Tres persoas resultaron feridas a causa dunha colisión na que se viron implicados cinco vehículos. Sucedeu no concello pontevedrés de Marín pouco antes do mediodía. 

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 para informar da situación e pedir asistencia médica para os feridos. 

Así, desde o Centro Integardo de Atención ás Emerxencias de Galicia avisouse aos profesionais sanitarios e aos axentes da Policía Local.

Finalmente, foron os axentes quen confirmaron que un total de tres persoas necesitaron atención médica e foron evacuados ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios