Así son os tres novos conselleiros: Carmen Pomar, Fabiola García e José González

Así son os tres novos conselleiros: Carmen Pomar, Fabiola García e José González

Coñece os novos conselleiros da Xunta de Galicia

A renovación dos executivo da Xunta trae tres novos conselleiro á primeira fila de liña política. Así son os seus perfís biográficos e políticos.

CARMEN POMAR TOJO

Maxresdefault

Carmen María Pomar Tojo naceu en Santiago de Compostela en 1970. É licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago, premio extraordinario fin de carreira e premio extraordinario de traballo de licenciatura. Doutora en Psicoloxía no Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación

. Foi bolseira posdoutoral da Fundación Caixa Galicia no 2000, cunha estadía na Universidade de Virxinia (Estados (Unidos). Profesora na Universidade da Rioxa durante dous anos e, desde o 2003, profesora no Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago, exercendo a súa docencia nas Facultades de Educación e de Psicoloxía desta universidade.

Profesora en másters sobre Educación, Familia e Necesidades Educativas Especiais nas Universidades de Santiago e de Vigo. Tamén profesora do Máster de Psicoloxía Educativa na USC. Profesora no Curso de Especialista en Educación Emocional na Facultade de Educación da USC. 

Profesora en cursos e seminarios sobre altas capacidades, intelixencia, motivación e creatividade. Directora da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago dende 2009 e directora de proxectos de atención educativa no campo da optimización do talento. Tamén é autora da guía O triángulo máxico das altas capacidades para profesorado galego, así como de capítulos de libro e artigos sobre intelixencia, motivación e altas capacidades. 

FABIOLA GARCÍA MARTÍNEZ

Presentacion entroido 2016 1

Fabiola García Martínez naceu en Ribeira en 1985. É licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Ata a actualidade e desde decembro de 2016 era directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade na Consellería de Política Social.

Desde xuño de 2015 foi primeira tenente de alcalde do Concello de Ribeira, ademais de concelleira delegada de Administración, Transparencia, Atención e Participación Cidadá, Promoción e Dinamización Económica e Cultura.

Ao longo da súa carreira profesional formou parte dos gabinetes das consellerías de Facenda, Economía e Industria e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Con anterioridade, traballou en prácticas no departamento de Dereito Fiscal nun despacho de avogados. Como formación complementaria, é máster en Dereito Empresarial polo Centro de Estudios Garrigues e diploma en EAP (English for Academic Purposes) pola University College London.

JOSÉ GONZÁLEZ VÁZQUEZ

González Vázquez, José

José González Vázquez naceu en Ourense en 1970. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1997, ingresou no corpo superior de inspectores de Facenda do Estado, especializado en inspección financeira e tributaria e aduanas e impostos especiais. Así mesmo, foi vocal nato do comité e do pleno do Consorcio da Zona Franca de Vigo desde 2009 a 2014; e representante da aduana española en diferentes comités de reforma do código aduaneiro comunitario en 2009. 

Ademais de membro de diferentes comisións da Autoridade Portuaria de Vigo para a coordinación dos controis do comercio exterior; profesor asociado do departamento de Dereito Financeiro, na Universidade de Vigo, desde 2002 a 2006; e docente especialista en materia de imposto sobre o valor engadido e comercio exterior e en contabilización de impostos.

Desde 2016, José González Vázquez é deputado no Parlamento de Galicia, onde desempeñou funcións como: voceiro de Medio Rural do GPP; membro da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes; membro da Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos; vicepresidente da Comisión Permanente non lexislativa para as relacións co Consello de Contas e membro da Comisión Especial de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan forestal de Galicia.

Comentarios
Lo más