Feridas tres persoas nunha colisión frontal en Melón

Feridas tres persoas nunha colisión frontal en Melón
Feridas tres persoas nunha colisión frontal en Melón

O 112 Galicia tivo constancia do suceso pasadas as dez desta mañá

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a tres persoas que resultaron feridas, dúas delas grave, tras producirse unha colisión frontal no enlace da N-120 e a A-52, en Melón.

Como consecuencia do impacto, dous dos feridos quedaron atrapados no interior dos vehículos, polo que foi necesaria a intervención dos Bombeiros do Carballiño e dos membros do GES de Ribadavia.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso pasadas as dez desta mañá mediante a chamada dunha persoa particular que pedía axuda por mor dunha colisión frontal entre dous turismos preto do casco urbano de Melón, xusto na intersección da N-120 e a A-52.

Decontado, desde o 112, informouse aos servizos sanitarios de urxencia e aos efectivos de rescate e salvamento para liberar aos atrapados e facilitar aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias a atención dos feridos.

Finalmente, un total de tres persoas tiveron que ser evacuadas, dúas delas en estado grave, ao centro hospitalario de referencia. 

Comentarios
Lo más