Morre un home en Rois tras envorcar o seu tractor

Morre un home en Rois tras envorcar o seu tractor
Morre un home en Rois tras envorcar o seu tractor

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 17:20 horas, a través dunha persoa particular

Un home faleceu esta tarde no termo municipal coruñés de Rois ao caer do tractor que manexaba, que rematou envorcado. Ocorreu nunha leira de Silvarredonda, na parroquia de Buxán.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 17:20 horas, a través dunha persoa particular.

A partir de aí, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Boiro, do GES de Padrón, da Garda Civil e de Protección Civil de Rois.

Xa no lugar dos feitos, os efectivos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do varón.

Comentarios