Compostela recoñece o traballo do atleta Pedro Nimo

Compostela recoñece o traballo do atleta Pedro Nimo
Compostela recoñece o traballo do atleta Pedro Nimo

Pedro Nimo indicou a "satisfacción" que lle supón este recoñecemento institucional

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e outros membros da Corporación recibiron en Raxoi o atleta compostelán Pedro Nimo, que o pasado 12 de agosto, en Berlín, obtivo coa Selección Española a medalla de prata por equipos do maratón do Campionato de Europa de Atletismo. Ademais, foi 22º na clasificación individual.

Martiño Noriega deu os seus parabéns a Pedro Nimo por esta medalla e por toda a súa traxectoria deportiva, chea de éxitos e, sobre todo, de afán de superación. O alcalde expresou o "orgullo" que para a cidade supón telo entre os seus veciños.

Pola súa parte, Pedro Nimo indicou a "satisfacción" que lle supón este recoñecemento institucional, pero tamén o da veciñanza de Santiago, como ten constatado recentemente co seu trunfo na CorreSan.

O atleta recibiu do alcalde como agasallo una acuarela obra de Serxio Suárez Bandín .

Comentarios