Aproban unha proposición non de Lei para que a Igrexa non cobre para ver o Pórtico da Gloria

Aproban unha proposición non de Lei para que a Igrexa non cobre para ver o Pórtico da Gloria
Aproban unha proposición non de Lei para que a Igrexa non cobre para ver o Pórtico da Gloria

Sinalou que “as desculpas do Cabildo e da Fundación da Catedral” por cobrar entrada “non serven”, xa que coas achegas públicas “pódese manter e protexer os bens perfectamente sen cobrar

A Comisión de Cultura do Parlamento aprobou onte unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para que a Igrexa abra o Pórtico da Gloria sen cobrar entrada a lo menos 4 días ao mes durante 4 horas. A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, lembrou que así o obriga a Lei de Patrimonio.

A responsable socialista denunciou “unha situación de absoluta inxustiza que a Xunta tolera porque lle tolera todo á Igrexa” e puntualizou que “non se pode tolerar que incumpran a Lei de Patrimonio”. Sinalou que “considero que non deberan cobrar en ningún momento, pero vamos por partes e comecemos por pedir que cumpran a Lei e abran as catedrais e tamén o Pórtico da Gloria”.

Lembrou que a Catedral de Santiago está a xestionar unha axuda pública de 17 millóns de euros, mentres a Xunta destina apenas un millón de euros ao ano en total para rehabilitación do patrimonio cultural. Tamén aporta achegas millonarias para as catedrais de Ourense -1,2 millóns de euros- e de Mondoñedo -1,4 millóns de euros-, “ademais de todo o dado con anterioridade”.

Sinalou que “as desculpas do Cabildo e da Fundación da Catedral” por cobrar entrada “non serven”, xa que coas achegas públicas “pódese manter e protexer os bens perfectamente sen cobrar”. Censurou a avaricia dos responsables da Catedral, que non queren renunciar a cobrar 10 euros por entrar na obra máis importante do Románico europeo e que foi visitada por 80.000 persoas en apenas 2 meses.

Concepción Burgo instou á Xunta a trasladarlle á Comisión Mixta Xunta – Igrexa Católica a demanda de que cumpra coa Lei de Patrimonio e para lembrarlles que “tódolos cidadáns somos iguais ante a Lei”. Apuntou que “poden cobrar polos servizos dunha guía”, así como pola visita ás zonas museísticas, aos tellados ou por servizos adicionais, pero non pola entrada ao monumento.

Comentarios
Lo más