Sopresa polo anuncio do preconcurso de acreedores de Povisa

Sopresa polo anuncio do preconcurso de acreedores de Povisa
Sopresa polo anuncio do preconcurso de acreedores de Povisa

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, lembrou que ano tras ano rexistrou beneficios polo que o anuncio de entrada en concurso de preacreedores resulta “sorprendente”

Tras se coñecer a nova de preacreedores anunciada por Povisa, a vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, trasladou a súa preocupación polos empregos e tamén pola atención sanitaria. “Trátase dunha nova sorprendente tendo en conta que esta empresa se ten lucrado nas últimas décadas de numerosos concertos singulares coa sanidade pública como o no ano 2014 que pese a presentar beneficios os traballadores e traballadoras se enfrontaron a despedimentos o que levou a protestas e folgas” lembrou a deputada de En Marea. 

En 2015 a empresa volveu presentar 7,6 millóns de euros de beneficios e o ano seguinte máis de 16 millóns de beneficios. E a nivel global o holding empresarial A Nosa Terra ten uns beneficios moi importante cun 63 por cento de beneficio no último ano. Ante esta situación, Eva Solla denunciou que “despois de se beneficiar durante anos de recursos públicos e detraendo en moitas ocasións partidas que terían que ser investidas na sanidade pública, agora se emprega aos traballadores e traballadoras como moeda de cambio para obter mellores condicións.

Desde En Marea asegurou non van a aceptar que se empregue aos traballadores e traballadoras como moeda de cambio e tampouco que se teñan que destinar máis cartos públicos a sufragar os beneficios desta empresa. “Se entra en concurso de preacreedores é porque a xestión feita desde a propia empresa foi negativa” asegurou Solla.

En Marea ten denunciado tamén que no caso do hospital Álvaro Cunqueiro tiña que terse feito con maior superficie, mellores servizos e máis camas pero “a Xunta de Galicia é cómplice de que este hospital sexa máis pequeno para permitir que continuase o negocio do dono deste holding empresarial” afirmou a deputada de En Marea. “Agora nos atopamos ante unha nova chantaxe coa equipa de persoal polo medio cando non teñen responsabilidade algunha da xestión” incidiu.

Desde En Marea esíxese á Xunta de Galicia que aínda que se sente a negociar no se sintan a negociar xa que este holding ten beneficios polo que ten marxe para manter os salarios mentres se manteña o concerto asinado. 

“Ese concerto non tiña que ter sido renovado polos oito anos que foi asinado, e que a atención sanitaria ten que darse dentro da sanidade pública e denunciamos que os empresarios vivan a costa das arcas públicas que mentres dan beneficios non hai ningún tipo de problema e agora veñen denunciando que necesitan máis cartos porque non lles é suficiente” declarou Eva Solla quen sinalou ademais que o responsable deste holding é unha das 160 persoas máis ricas de todo o Estado español polo que “non é de recibo que se continúen a desviar fondos da sanidade pública para a privada”. 

Comentarios