O Colexio de Fonseca acollerá a exposición 'Con Galiza sempre no horizonte'

O Colexio de Fonseca acollerá a exposición 'Con Galiza sempre no horizonte'
O Colexio de Fonseca acollerá a exposición 'Con Galiza sempre no horizonte'

A exposición permanecerá no Colexio de Fonseca, que no seu día foi sede do vello Seminario de Estudos Galegos, ata o 30 novembro

Organizada polo Ateneo de Santiago e a Universidade de Santiago, co patrocinio do Concello de Santiago e da Deputación da Coruña, e comisariada por Xosé Ramón Fandiño Veiga e Gloria López López, esta mostra repasa, con información gráfica e documental, a actividade vital e artística dos 16 anos que pai e fillo viviron en Santiago (1920-1936): a casa da Tumbona, escenografía, deseño gráfico e editorial, eventos artísticos do Concello, carteis do Estatuto de Autonomía e, como testemuño da barbarie da Guerra Civil, os retratos que Camilo lle fixo aos seus compañeiros de prisión na Falcona compostelá. 

A segunda parte, que ocupa a antiga capela do Colexio, está dedicada exclusivamente a ofrecer unha visión da actividade artística, industrial e cultural de Isaac Díaz Pardo dende que se viu obrigado a abandonar a súa cidade natal. 

Como ponte entre a primeira parte e a segunda, ofrécese un sucinto relatorio do que significou a creación do Laboratorio de Formas, ente teórico e viveiro de ideas, concibido en 1963 entre Díaz Pardo e Seoane para recuperar a memoria histórica de Galicia interrompida en 1936: Ediciós do Castro, Museo de Arte Galega Contemporánea Carlos Maside, Fábrica de Cerámica e Seminario de Sargadelos, Instituto Galego de información… 

Recóllese tamén un pequeno itinerario visual de Isaac de regreso a Compostela en 1978 para instalar e inaugurar na Rúa Nova a Galería Sargadelos e, sobre todo, dende que na década dos 80 se instala en San Marcos, no Instituto Galego de Información, onde establece a súa oficina máis estable e o seu domicilio habitual. Tamén acolle este apartado unha apurada mostra dos traballos de Díaz Pardo como pintor de cabalete.

A exposición abre as súas portas o vindeiro 9 de outbro e permanecerá no Colexio de Fonseca, que no seu día foi sede do vello Seminario de Estudos Galegos, ata o 30 novembro en horario de luns a sábado de 11.00h a 14.00h e de 17.00h a 20.30h.

Comentarios