A agrupación local de CxG inicia o camiño de cara as municipais

A agrupación local de CxG inicia o camiño de cara as municipais
A agrupación local de CxG inicia o camiño de cara as municipais

A formación nacionalista prepara o seu camiño cun equipo renovado

A Agrupación local de Compromiso por Galicia vén de renovar a súa Comisión Executiva. Nun proceso aberto, participativo e democrática, a afiliación da formación galeguista, configurou un equipo directivo que concilia experiencia e xuventude. “Os homes e mulleres de Compromiso escolleron unha dirección local, na que a paridade e a renovación foron elementos presentes no proceso". 

A executiva local de Compromiso fica formada por: Silvia Suárez, como Secretaría Local; Virginia Torres, Secretaría de Organización; Salvador Forján, na Secretaría de Relacións Veciñais Sur; Diego Sande, na Secretaría de Relacións Veciñais Norte; Montse Álvarez, Secretaría de Igualdade; Manel Iglesias, Secretaría de Estudos e Programas; e Miguel Freire Secretaría de Comunicación e Finanzas.

Comentarios
Lo más