Desloxan un edificio de Cambre por un incendio declarado nunha vivenda

Desloxan un edificio de Cambre por un incendio declarado nunha vivenda
Desloxan un edificio de Cambre por un incendio declarado nunha vivenda

A alerta saltou no 112 Galicia ás 15:40 horas desta tarde mediante as chamadas de veciños que vían saír fume do tellado

Os servizos de emerxencias desaloxaron esta tarde un edificio situado na Rúa Curros Enríquez de Cambre a causa dun incendio orixinado no ático.

Por fortuna, ninguén resultou afectado, pero si foi necesario evacuar o inmoble mentres duraron os traballos de extinción.

A alerta saltou no 112 Galicia ás 15:40 horas desta tarde mediante as chamadas de veciños que vían saír fume do tellado. 

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos Bombeiros de Arteixo e aos membros do servizo local de Protección Civil da localidade para facer fronte ao incendio, que afectou a unha cheminea procedente dun restaurante. Posiblemente, a feluxe acumulada no interior foi o que provocou o lume.

Unha vez sufocado, os ocupantes das vivendas puideron voltar ás súas casas.

Nestas tarefas, tamén colaboraron os axentes da Policía Local de Cambre.

Comentarios
Lo más