Convocan unha manifestación de pensionistas en Compostela

Convocan unha manifestación de pensionistas en Compostela
Convocan unha manifestación de pensionistas en Compostela

Con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, ambos os dous sindicatos esixen a revalorización das prestacións para combater o empobrecemento dos pensionistas

Con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, os sindicatos CCOO e UGT convocan concentracións en todo o Estado. En Santiago terá lugar o martes, día 2 de outubro. Con esta acción, ambos os dous sindicatos denuncian que as medidas adoptadas para combater a crise só serviron para empobrecer a amplos sectores da poboación, especialmente as persoas de máis idade.

Desde UGT e CCOO lembran que o colectivo de persoas maiores é "moi vulnerable" a políticas de recortes, e máis cando progresivamente se converten no principal sostén das seguintes xeracións. Hoxe en día, as pensións supoñen a principal fonte de ingresos da cuarta parte dos fogares.

Malia que a revalorización das pensións vén recollida no artigo 50 da Constitución como un principio reitor da política económica, o certo é que a única fórmula de revalorización automática que garantía por lei o mantemento do poder adquisitivo das pensións foi a nacida do Acordo de Pensións de 1996, ligada daquela á inflación, e que estivo vixente ata a "reforma unilateral" imposta polo Goberno do PP en 2013.

Na cidade a concentración será ás 12:00 horas do 2 de outubro na Praza do Toural.


Comentarios
Lo más