O Tambre inaugura hoxe a exposición "Factoría de Sueños"

O Tambre inaugura hoxe a exposición "Factoría de Sueños"
O Tambre inaugura hoxe a exposición "Factoría de Sueños"

O Centro Empresarial do Tambre inaugura mañá luns a mostra “Factoría de Sueños” do artista compostelán Perrisco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AEPIT) acolle a partir de hoxe luns, día 1 de outubro, a exposición “Factoría de Sueños” da coñecido artista compostelán Perrisco. 

A mostra inaugurarase ás 20:00 horas no galería de arte do Centro Empresarial do Tambre, e contará coa asistencia do propio autor e do comisario da exposición e membro da xunta directiva da asociación empresarial, Manuel Nieto. A mostra estará aberta ao público ata o 26 de outubro.

Perrisco é un autor cunha obra moi coidada, diversa e ambigua á par que colorista e ben executada. Nunha análise máis detida, obsérvanse referencias a movementos Vangardistas, así como dos recursos de surrealismo e non exento doutras moitas influenzas que o artista sabe tratar con mestría. 

Perrisco desenvolve unha forma persoal e única de arte de vangarda, un estilo figurativo afastado de calquera etiqueta.

A súa persoal linguaxe pictórica, de formas contundentes e contornos moi delimitados, combina os procedementos dos mestres antigos con determinados aspectos do surrealismo e as súas imaxes encarnan unha gran cantidade de contradicións, mesturando tranquilidade con tensión extrema, soño e misterio con realidade ou erotismo con inocencia.

Comentarios
Lo más