Os socialistas piden a comparecencia do conselleiro de sanidade ante o caso Povisa

Os socialistas piden a comparecencia do conselleiro de sanidade ante o caso Povisa
Os socialistas piden a comparecencia do conselleiro de sanidade ante o caso Povisa

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusa ao goberno galego de situar a prioridade da atención sanitaria "lonxe dos pacientes"

Os socialistas presentaron hoxe unha solicitude conxunta de comparecencia conxunta cos grupos do BNG e de En Marea. Reclamaron a comparecencia urxente no Parlamento do conselleiro de Sanidade para dar conta do impacto da situación de Povisana na atención sanitaria que afecta a Área de Vigo.

Torrado advertiu que esta situación deriva da dependencia do Sergas desta entidade privada, un modelo que "impulsou e reforzou a Consellería de Sanidade do goberno de Feijóo". Sinalou que esta situación "ten que ver coas deficiencias do novo hospital Álvaro Cunqueiro", construído con financiamento privado  e coa escaseza de camas proxectadas pola Consellería, nun centro que, dixo, "padece uns sobrecustes que por si mesmos permitirían reforzar a asistencia sanitaria pública na área de Vigo.

Os socialistas reclaman ao conselleiro que dea conta das derivacións que terá o anuncio do preconcurso de acredores dun hospital privado que ten concertada parte da atención sanitaria pública da área máis poboada de Galicia.

Comentarios