En Marea esixe a comparecencia do conselleiro de Sanidade pola situación de Povisa

En Marea esixe a comparecencia do conselleiro de Sanidade pola situación de Povisa
En Marea esixe a comparecencia do conselleiro de Sanidade pola situación de Povisa

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, considerou “imprescindible e urxente” que Jesús Vázquez Almuíña dea explicacións na Cámara galega ante a grave situación que provocou o anuncio de entrada en concurso de preacreedores do hospital

O grupo parlamentario de En Marea ben de rexistrar, xunto con PSdeG e BNG, a petición de comparecencia do Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, en relación ao que está a acontecer no Hospital de Povisa. 

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, informou que solicitará a través de diversas iniciativas outro tipo de información relativa ás contas da empresa pero “ante a gravidade da situación e o risco para os postos de traballo e a atención sanitaria e a chantaxe continua por parte da empresa reclamando máis orzamento” fai “imprescindible e urxente” a que o conselleiro dea explicacións ante a Cámara galega sobre os plans do goberno galego.

Eva Solla volveu amosar a súa sorprensa ante o anuncio do concurso de preacreedores da empresa tendo en conta que esta empresa se ten lucrado nas últimas décadas de numerosos concertos singulares coa sanidade pública como o no ano 2014 que pese a presentar beneficios os traballadores e traballadoras se enfrontaron a despedimentos o que levou a protestas e folgas.

En 2015 a empresa volveu presentar 7,6 millóns de euros de beneficios e o ano seguinte máis de 16 millóns de beneficios. E a nivel global o holding empresarial A Nosa Terra ten uns beneficios moi importante cun 63 por cento de beneficio no último ano. Ante esta situación, Eva Solla denunciou que “despois de se beneficiar durante anos de recursos públicos e detraendo en moitas ocasións partidas que terían que ser investidas na sanidade pública, agora se emprega aos traballadores e traballadoras como moeda de cambio para obter mellores condicións.

En Marea ten denunciado tamén que no caso do hospital Álvaro Cunqueiro tiña que terse feito con maior superficie, mellores servizos e máis camas pero “a Xunta de Galicia é cómplice de que este hospital sexa máis pequeno para permitir que continuase o negocio do dono deste holding empresarial” afirmou a deputada de En Marea. “Agora nos atopamos ante unha nova chantaxe coa equipa de persoal polo medio cando non teñen responsabilidade algunha da xestión” incidiu.

Desde En Marea esíxese á Xunta de Galicia que aínda que se sente a negociar no se sintan a negociar xa que este holding ten beneficios polo que ten marxe para manter os salarios mentres se manteña o concerto asinado.

“Ese concerto non tiña que ter sido renovado polos oito anos que foi asinado, e que a atención sanitaria ten que darse dentro da sanidade pública e denunciamos que os empresarios vivan a costa das arcas públicas que mentres dan beneficios non hai ningún tipo de problema e agora veñen denunciando que necesitan máis cartos porque non lles é suficiente” afirmou Eva Solla. 

Comentarios