A USC organiza o primeiro curso online a través de Twitter

A USC organiza o primeiro curso online a través de Twitter

Coa participación de dezaoito universidades e centros de investigación, entre eles a USC, a partir deste martes 2 de outubro

USC, Universidade de Oxford, Instituto Pasteur de París, Universidade de Stanford ou CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) son algunhas das dezaoito universidades de todo o mundo interne centros de investigación acionais que colaborarán no primeiro curso mundial de microbioloxía de acceso aberto en liña a través de Twitter. Un total de vinte e un profesores e investigadores utilizarán esta rede social como ferramenta para ensinar e comunicar o coñecemento científico.

Cunha frecuencia de tres clases por semana, cada lección abordará un tema diferente. Entre outros, o profesor da USC Jesús L. Romalde falará sobre patoxenicidade e virulencia bacteriana; Marta Cortesao, do Centro Aeroespacial Alemán-DLR sobre microbioloxía espacial; ou Jorge García-Lara, da Universidade de Central Lancashire (Reino Unido) sobre a ruta microbiana cara o cancro. Vacinas e antivacinas, resistencia aos antimicrobianos, microbiota intestinal, patóxenos ou guerra microbiolóxica son tamén algúns dos temas que se discutirán durante o curso.

Metodoloxía

Usando unha linguaxe simple e concisa, o obxectivo é comunicar a ciencia a unha audiencia xeral fóra da contorna académica usando unha rede social como Twitter. As conferencias consistirán entre 30 e 40 declaracións axustados ao tamaño de tweets con enlaces asociados, páxinas web relacionadas, blogs, noticias e especialmente imaxes e vídeos.

O curso levarase a cabo durante sete semanas (entre o 2 de outubro e o 15 de novembro) con clases programadas todos os martes, mércores e xoves a partir das 17:00 horas (UCT / GMT +2). Os tweets partirán da conta @SEMicrobiologia e programaranse para publicarse cunha frecuencia dun tweet por minuto. No é necesario un rexistro previo ao curso. 

O alumnado pode seguir facilmente este curso aberto masivo en liña a través dos seus dispositivos móbiles ou ordenadores, xa sexa vivo en directo á hora programada ou máis tarde, sempre buscando o hashtag #EUROmicroMOOC. Este mesmo será o que deberán utilizar os estudantes para interactuar cos conferenciantes. Todas as clases serán en inglés e compilaransen e almacenarán en liña usando a ferramenta aberta Wakelet.

Esta iniciativa está organizada e coordinada polo grupo de Ensino e Difusión de Microbioloxía da Sociedade Española de Microbioloxía (SEM) coa colaboración da Federación de Sociedades Europeas de Microbioloxía (FEMS).

Comentarios