Santiago será protagonista do ciclismo inclusivo este 6 de outubro

Santiago será protagonista do ciclismo inclusivo este 6 de outubro
Santiago será protagonista do ciclismo inclusivo este 6 de outubro

O Concello colabora con este evento que, a través do deporte, fomenta a inclusión e visibiliza a este colectivo de persoas, derrubando as barreiras físicas e psicolóxicas da sociedade

A edila de Políticas Sociais, Diversidades, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, deu conta onte dunha nova edición da Marcha Ciclista Unificada para persoas con e sen discapacidade intelectual que organiza Special Olympics Galicia. Na presentación da iniciativa estivo acompañada polo xerente de Special Olympics Galicia, Antonio Fuentetaja, e o deportista de ASPAS, Jesús Cabo.

Nesta ocasión, esta Marcha Ciclista Unificada amplía o seu percorrido, chegando a localidades das catro provincias galegas. Así, comezará o vindeiro día 4 de outubro coa primeira etapa pola localidade ourensá de Baños de Molgas (12 quilómetros), continuando ao día seguinte, o 5 de outubro, na provincia de Lugo, onde percorrerán a etapa entre Friol e Parga (19 quilómetros). O sábado 6 de outubro, a marcha chegará a Santiago de Compostela, nunha ruta que se desenvolverá polo centro da capital (13 quilómetros) e rematará o día 7 de outubro en Vilagarcía de Arousa (13 quilómetros).

O Concello colabora con este evento que, a través do deporte, fomenta a inclusión e visibiliza a este colectivo de persoas, derrubando as barreiras físicas e psicolóxicas da sociedade á hora de coñecer e facilitar a participación destas persoas na vida social e comunitaria.

Clubs ciclistas de toda Galicia tamén estarán dando o seu apoio aos ciclistas con discapacidade intelectual e amosando que cos apoios adecuados, "todos somos capaces de participar na sociedade en igualdade de condicións", tal e como indicou a edila.

En total, nas diferentes marchas, participarán 37 atletas con discapacidade intelectual, xunto cos clubs de ciclistas que tamén estarán na proba e os 20 voluntarios e voluntarias que haberá en cada ruta

O deporte é unha práctica vital para o fomento da inclusión e unha magnífica posibilidade de visibilizar a este colectivo de persoas, derrubando así as barreiras físicas e psicolóxicas da sociedade á hora de coñecer e facilitar a participación destas persoas na vida social e comunitaria.

Special Olympics

Special Olympics Galicia é a Asociación de PaIs, ProfesionaIs e Amigos de Persoas con Discapacidade Intelectual. Unha organización sen ánimo de lucro onde se traballa pola promoción e a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, mediante o lecer, o tempo libre, a cultura e o deporte. 

Comentarios