A Casa do Concello de Ribeira acolle unha exposición de Juan José Agilda Bolaño

A Casa do Concello de Ribeira acolle unha exposición de Juan José Agilda Bolaño

Aqueles que se pasen polo Consistorio local terán a oportunidade de ver distintos recunchos da comarca como a illa de Sagres, o faro de Corrubedo...

A Casa Consistorial de Ribeira está a albergar unha nova exposición consistente en 52 instantáneas obra do veciño deste municipio Juan José Agilda Bolaño. O seu título. “Fotografía na Barbanza”.

A apertura da mostra, que se prolongará ata o 18 de novembro, estivo presidida polo tenente de alcalde e concelleiro de Atención Cidadá Emilio Pérez. Esta é a primeira exposición de Juan José Agilda, fotógrafo afeccionado. 

Aqueles que se pasen polo Consistorio local terán a oportunidade de ver distintos recunchos da comarca como a illa de Sagres, o faro de Corrubedo, Os Forcados ou a cidade riveirense, así como unha ampla representación da flora e fauna características da serra barbanzá.

Comentarios