A Deputación da Coruña aproba a construción dunha senda peonil en Lamas (Boqueixón)

A Deputación da Coruña aproba a construción dunha senda peonil en Lamas (Boqueixón)

O proxecto foi aprobado no pleno do pasado venres e suporá un investimento de preto de 100.000 euros

O pleno da Deputación da Coruña aprobou o pasado venres un investimento de 96.571,31 € para a construción dunha senda peonil en Lamas, no termo municipal de Boqueixón.

A nova infraestrutura construirase nun vial municipal especialmente transitado, pois é un dos accesos dende o municipio ao aeroporto de Santiago, e permitirá incrementar a seguridade dos peóns con sete novos tramos de senda peonil, que suman un percorrido de algo máis de 600 metros.

Ademáis da construción deste itinerario seguro para péons, o proxecto contempla a execución dun sistema de recollida de pluviais, o fresado e posterior pavimentación da calzada cunha capa de 5 cm de mestura bituminosa en quente e microaglomerado, a ocultación dos colectores de lixo en estrutura de madeira, a colocación dunha nova marquesina en substitución da actual, a instalación de catro bancos de pedra granítica e o repintado das marcas viais.

O prazo de execución dos traballos será de 6 meses a partir do inicio das obras.

Comentarios