Xornada de ceos despexados pero con temperaturas mínimas baixas

Xornada de ceos despexados pero con temperaturas mínimas baixas

En Compostela a mínima será de 10º e a máxima de 24º.

As altas presións continuarán estacionarias ao noroeste de Galicia achegando estabilidade. Isto quere dicir que viviremos unha nova xornada de ceo pouco anubrado ou despexado en toda a Comunidade. 

As temperaturas experimentarán lixeiros ascensos das máximas. En Compostela a mínima será de 10º e a máxima de 24º.

Os ventos soprarán do nordés frouxos en xeral, moderados no litoral norte, con refachos fortes na Costa da Morte; réxime de brisas nas Rías Baixas.

Comentarios