Feijoo destaca que un de cada tres alumnos galegos de todos os niveis xa reciben unha educación plurilingüe

Feijoo destaca que un de cada tres alumnos galegos de todos os niveis xa reciben unha educación plurilingüe

A comunidade contaría por primeira vez con 385 centros plurilingües, puidendo disfrutar deles uns 100.000 alumnos

Alberto Núñez Feijoo, destacou hoxe, durante a clausura da Xornada de acollida e orientación de auxiliares de conversa de Galicia, que cada vez son máis os centros que implantan este modelo para os seus alumnos de infantil, bacharelato e formacón profesional; un camiño seguido tamén polo Sistema Universitario de Galicia, que este ano ofrece, por primeira vez, catro graos en inglés: Enxeñaría informática na Coruña, Química en Santiago e as Enxeñerías en Tecnoloxías de Telecomunicacións e en Tecnoloxías Industriais na Universidade de Vigo.

Ademais, para que os escolares galegos poidan certificar os seus avances que realizaron en aprendizaxe de linguas, o titular da Xunta salientou o convenio co Trinity College de Londres.

Resaltou que hoxe son xa 100.000 os alumnos que reciben este tipo de ensino.  "Hai dez anos había cero centros plurilingües, hoxe Galicia conta con 385; e con 617 auxiliares de conversa, unha cifra que converte á Comunidade na autonomía cunha mellor ratio de auxiliares por alumno". Feijóo comprometeuse a chegar aos 1.000 auxiliares de conversa ao remate desta lexislatura.

Comentarios