Villares esixe que a Xunta faga un xiro de 180º nas políticas de emprego

Villares esixe que a Xunta faga un xiro de 180º nas políticas de emprego

En Marea fai unha valoración moi negativa destes datos que “son unha consecuencia da importación dun modelo económico-social baseado nos servizos e no baixo valor engadido

Os datos do paro en Galicia evidencian para En Marea, o fracaso das políticas de emprego de Núñez Feijóo baseadas no “turismo de bocadillo” cunha creación de postos de traballo de carácter estacional, con pouco valor engadido e que se perden fora da temporada de verán. 

Isto ten como consecuencia como salientou o voceiro Luís Villares, que no mes de setembro o paro no noso país suba o dobre que a media española e cunha temporalidade que alcanza o 90 por cento coa incerteza que trae consigo sen saber se van traballar ao mes seguinte ou incluso se van chegar a final de mes contratados. 

Unha incerteza xustificada xa que ao mirar os datos da afiliación a Seguridade Social e comprobamos que en Galicia caen igualmente a diferencia do resto do Estado español.

Ante esta realidade desde En Marea fan unha valoración moi negativa destes datos que “son unha consecuencia da importación dun modelo económico-social baseado nos servizos e no baixo valor engadido”. 

“Non entendemos como cada vez que ten ocasión, Feijóo saia a dicir que a súa aposta para o emprego en Galicia é o turismo, un turismo de bocadillo que non deixa beneficios fora da época de verán desprezando a industria, o I+D+I e que non obriga á xente moza a ter que emigrar para buscar un futuro mellor” denunciou Luís Villares.

Por todo isto, desde En Marea reclamase á Xunta de Galicia un xiro de 180 grados apostando pola industria, polo I+D+I e por xerar postos de traballo con valor engadido acabando ao tempo coa precariedade e a temporalidade. 

Comentarios