Máis de 30 alumnos inauguran o novo curso de ESO para persoas adultas

Máis de 30 alumnos inauguran o novo curso de ESO para persoas adultas

A concelleira de educación, Susana García, mostrouse satisfeita pola paridade do alumnado

A concelleira de educación de Ordes, Susana García, deu a benvida aos máis de trinta alumnos e alumnas que forman parte do novo curso de Educación Secundaria para persoas adultas. A edil animounos a "aproveitar esta nova oportunidade para mellorar o seu futuro profesional". Tamén mostrou a súa satisfacción pola paridade do alumnado, mostrándose predisposta para axudar en calquera aspecto que contribúa a mellorar o desenvolvemento de dito curso.

Comentarios