A Policía Nacional celebrou o seu día cun acto no Auditorio de Galicia

A Policía Nacional celebrou o seu día cun acto no Auditorio de Galicia

Participou en Santiago nos actos organizados con motivo desta celebración, na que agradeceu o labor da Policía Nacional e das restantes forzas e corpos de seguridade

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, agradeceu, no acto institucional celebrado este mediodía no Auditorio de Galicia, en Santiago, co gallo da celebración do Día da Policía, o traballo dos corpos de seguridade “fronte aos irresponsables que sistematicamente se empeñan en vulnerar a lei”.

Ao fío da celebración do 40 aniversario da vixente Constitución española, Santalices reivindicou a vixencia e o resultado da Carta Magna, á que atribuíu a “harmonía” social e o “crecemento económico” rexistrado nas últimas décadas, ademais de destacar o sistema de “liberdades e dereitos” consagrados no texto.

Santalices felicitou aos axentes condecorados no acto, ao tempo que apuntou que nunha sociedade individualista como a actual, o labor da Policía destaca como exemplo de solidariedade e servizo aos demais, entre os que se referiu ao labor no ámbito da violencia machista e a protección das perdoas máis vulnerables, entre outros cometidos.

Os actos de celebración do Día da Policía comezaron cunha cerimonia relixiosa na Catedral de Santiago.

Comentarios