A USC súmase ao 'Reto 5000' esta xoves

A USC súmase ao 'Reto 5000' esta xoves

O obxectivo desta iniciativa é acadar ao longo de toda a xornada do xoves 4 un total de 5.000 doazóns de sangue entre todos os centros universitarios de España que se sumen á iniciativa

A comunidade universitaria está chamada en toda España a participar este xoves 4 no ‘Reto 5000’ promovido pola Rede Española de Universidades Saudables (REUS). 

A vicerreitora Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo, e a directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López García, presentarán hoxe mércores 3 os detalles da campaña en Galicia nunha rolda de prensa ás 11.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.

O obxectivo desta iniciativa é acadar ao longo de toda a xornada do xoves 4 un total de 5.000 doazóns de sangue entre todos os centros universitarios de España que se sumen á iniciativa. 

Coa participación activa das tres universidades galegas, a campaña coincide ademais coa segunda edición do Reto da Froita polo que todos aquelas persoas que se acheguen a doar sangue ata as unidades móbiles de ADOS distribuídas polos sete campus recibirán unha peza de froito no refrixerio posterior á doazón.

Comentarios