Actividades de contacontos en Ames durante o mes de outubro

Actividades de contacontos en Ames durante o mes de outubro

As inscricións tamén se poden tramitar nas propias bibliotecas

As actividades de animación á lectura das bibliotecas municipais do Milladoiro e Bertamiráns programadas para o último trimestre do ano repártense en tres sesións de contacontos e un obradoiro durante o mes de outubro, outras dúas xornadas en novembro e unha sesión máis un obradoiro de postais de Nadal en decembro. Todas estas actividades serán de balde.

As sesións de contacontos están dirixidas a nenas e nenos entre os 3 e os 8 anos. A primeira delas preséntase baixo o título 1,2,3... empezan os contos xa!, e celebrarase o mércores, 3 de outubro, na biblioteca de Milladoiro e o xoves, día 4, na de Bertamiráns. 

A segunda das sesións, que leva por nome MMM...contos para lamber os dedos, realizarase o mércores 17 en Bertamiráns e o xoves 18 no Milladoiro. Pola súa banda, a terceira e última das sesións de contos de outubro, Quen está no galiñeiro?, terá lugar o martes 30 en Bertamiráns e o mércores 31 no Milladoiro. As sesións comezarán todas ás 17:30 horas.

Asemade, o venres 26 e o sábado 27 de outubro, O faiado de Nin impartirá un obradoiro no que alumnos/as de terceiro a sexto de primaria poderán gozar do deseño de bolsas de lectura. E

ste taller realizarase o venres na biblioteca do Milladoiro entre as 17.30 e as 19.00 horas, e o sábado de 11.30 a 13.00 horas en Bertamiráns. Así, haberá 15 prazas dispoñibles por biblioteca, e a inscrición deberá tramitarse entre o 8 e o 22 de outubro a través dos teléfonos 981 88 48 29 (Bertamiráns), 981 53 08 07 (Milladoiro) ou no enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal

Comentarios