CxG busca unha cabeza de lista para as próximas municipais

CxG busca unha cabeza de lista para as próximas municipais

A formación galeguista decidirá o 20 de outubro quen encabezará a súa candidatura en Santiago

A Agrupación local de Compromiso vén de poñer en funcionamento o seu calendario de primarias abertas a cidadanía para a elección da persoa que encabezará a candidatura de Compromiso en Santiago para as eleccións municipais de 2019. 

Dende a formación galeguista apuntan que calquera persoa pode presentarse ás primarias abertas a cidadanía, sempre que se cumpra co regulamento de eleccións primarias aprobado no Consello Nacional do mes de xuño. 

O proceso na Agrupación de Santiago comenzou o día dous de outubro e rematara o día vinte coa elección do candidato ou candidata a encabezar a lista as eleccións municipais do 2019. Dende Compromiso indican que neste momento o proceso atópase na fase de recollida de avais dos candidatos ou candidatas que remata o once de outubro.

Comentarios