Alumni USC organiza unha xornada gratuita de observación e fotografía microscópica

Alumni USC organiza unha xornada gratuita de observación e fotografía microscópica

As persoas interesadas deberán inscribirse antes das 14.00 do xoves 4 de outubro

Alumni USC organiza a xornada gratuita  "A vida baixo o microscopio. Obradoiro de observación e fotografía microscópica", deseñada como unha introdución ao manexo do microscopio e ao emprego das tecnoloxías de tratamento das imaxes, que constitúen un recurso didáctico moi potente.

Impartirá o programa o doutor en Bioloxía Antonio Guillén Oterino, que conta con numerosos premios e recoñecementos nacionais e internacionais pola súa innovadora actividade docente. O obradoiro repartirase entre os días 5 e 6 de outubro en horario de 10 a 14 e de 16 a 18 horas no laboratorio de prácticas número 3 da Facultade de Bioloxía.

As persoas interesadas poderán inscribirse o día 4 de outubro ata as 14.00 horas. Para máis información, podedes visitar a páxina web de Alumni USC. 

Comentarios