En Marea considera un "nulo avance" a reunión entre o ministro de Fomento e o presidente da Xunta de Galicia

En Marea considera un "nulo avance" a reunión entre o ministro de Fomento e o presidente da Xunta de Galicia
En Marea considera un "nulo avance" a reunión entre o ministro de Fomento e o presidente da Xunta de Galicia

O viceportavoz de En Marea no Parlamento, Antón Sánchez, considerou graves e ofensivas as declaracións do ministro alegando á “coherencia de Estado” para aludir aos impedimentos para a transferencia da autoestrada

En Marea fai unha valoración negativa da xuntanza entre o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o ministro José Luís Ábalos xa que “non houbo ningún anuncio con ningún avance significativo en temas claves como pode ser construcións ferroviarias, nin da AP9 nin en Portos.

As declaracións respecto a AP-9, o vicevoceiro no Parlamento, Antón Sánchez, considerou "graves e ofensivas" as declaracións do Ministro de Fomento, Ábalos, xa que está a aludir a unha coherencia de Estado á hora de aludir aos impedimentos para a transferencia desta autoestrada. 

Sánchez lembrou que xa se deron outras transferencias de autoestradas a Cataluña e Euskadi nos últimos anos e que esa mesma coherencia debería terse en conta tamén cando se asinou a prorroga da concesión ata o ano 2048 mentres o resto de autoestradas finalizan na súa maioría as concesións no 2021. 

“Non se tivo en conta esta coherencia de Estado cando se tratou de maltratar a Galicia” denunciou o viceportavoz de En Marea. “No relativo a AP-9 continuamos practicamente igual cun goberno central que nega aos galegos e galegas a posibilidade de se defender ante atraco diario por parte da concesionaria coa complicidade dos sucesivos gobernos do PP e do PSOE. Trátase dunha aldraxe para toda a cidadanía do noso país” aclarou Antón Sánchez

Tamén salientou a "gravidade" de que tras esa xuntanza entre o Ministro e Feijóo non se falara nada da condonación da débeda aos portos galegos nomeadamente o porto da Coruña para manter un tratamento igualitario co porto de Valencia. 

A formación de Luís Villares lembra ademais que esta petición foi aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia polo que habería que preguntarlle ao presidente da Xunta se levou este tema á xuntanza co Ministro e reclamar a Ábalos a condonación da débeda da Coruña. 

Comentarios